Este pasado xoves 9 de maio, na sala multiúsos da Casa do Libro de Vigo, o xornalista e escritor madrileño Carlos López Fonseca presentou o seu último libro.
Unha obra sobre o 23F e sobre o que supuxo o famoso intento de golpe de estado. O autor narrou como se orquestrou toda a maquinaria propagandística do 23F. A súa obra fai unha análise detallada sobre todo o sumario xudicial posterior ao golpe e como altos mandos militares e centos de membros de exército quedaron impunes no posterior xuízo.
López Fonseca realiza no seu libro unha minuciosa investigación onde reflexiona sobre os acontecementos, máis de 40 anos despois de terse producido.
Os e as asistentes, moi participativos, fixeron varias preguntas e reflexións que foron aclaradas polo autor.
A actividade estivo presentada por Celso X. López Pazos en representación da Asemblea Republicana de Vigo.