Este pasado xoves 4 de abril, David López Canales estivo en Vigo, na libraría Librouro, presentando o seu último libro, Heredarás mi reino. A actividade estivo presentada por Anxo Padín, membro da Asemblea Republicana de Vigo.
O xornalista e escritor madrileño fixo un percorrido sobre os últimos anos da monarquía borbónica no estado español, dende a cacería de Juan Carlos I en Botswana e a súa posterior abdicación ao actual momento que vive o reinado de Felipe VI.
López Canales reflexionou sobre o papel da monarquía en pleno 2024 e como a institución serve para garantir a continuidade do Réxime.
O acto contou cunha nutrida asistencia, público que estivo moi participativo.