Este pasado xoves 9 de novembro de 2023 Gerardo Pisarello, político e xurista hispano-arxentino, presentou na Casa del Libro de Vigo o seu último libro, Dejar de ser súbditos. El fin de la restauración borbónica.
O acto, presentado polo presidente da Asemblea Republicana de Vigo Celso López, contou cunha nutrida asistencia que encheu a sala multiusos de Casa del Libro de Vigo.
Pisarello fixo unha presentación da súa última obra e analizou á monarquía borbónica, herdeira da ditadura franquista, en palabras de Pisarello, “a monarquía está directamente ligada coa ditadura”.
Pisarello fixo unha análise actual da monarquía, e afirmou que está incapacitada para encarnar ningunha tarefa democrática.
O acto contou cunha activa participación dos e das asistentes que preguntaron e reflexionaron sobre os temas propostos polo conferenciante.