CINCO OBSERVACIÓNS SOBRE OS PRESUPOSTOS DA CASA REAL

Eduardo Muriel

Rebelión

Chegou o día. Logo de máis de 30 anos de democracia, no medio dunha crise económica asfixiante e dun escándalo de corrupción familiar, o Rei decidiu finalmente facer públicas as súas contas. O soldo do monarca, segundo o desglose presentado pola propia Casa Real, ascende aos 292.752 euros brutos. Decepcionado? Pode, pero fagamos unhas cantas consideracións.

1Soldo extra. A Casa Real recibe do Estado, todos os anos, uns 8,43 millóns de diñeiro público por vía directa. Esa cantidade, tal e como establece a Constitución (art. 65.1), distribuea o  Rei “libremente” para o “sostemento da súa familia e Casa”. É dicir, mentres que todos os españois investimos o noso soldo na nosa vivenda (aluguer, hipoteca..), mantemento da nosa familia, etc., o Rei xa o ten cuberto co resto deses 8 millóns que recibe. É dicir, o soldo que se asigna el mesmo é enganoso. É, en realidade, a parte do soldo que adica a gastar no que lle apetece, non no que necesita.

2Gastos cubertos. Sexa como sexa, a cantidade total que recibiu toda a Familia Real para usos persoais en 2011 é de 814.128 euros. O resto da partida distribúese entre gastos de persoal (47,89%), gastos correntes (38,83%), fondo de continxencia (2,44%) e investimentos (1,19%). Eses son os gastos que o resto de españois tamén incluímos no noso soldo.

3Comparacións odiosas. Aínda que tomemos por válidos eses 292.752 euros brutos que cobra o Rei, non esquezamos que o soldo medio dun asalariado  -é dicir, uns 18 millóns de españois –  é de 19.113 euros. E dese soldo, a pagar hipoteca, material escolar para os nenos, comida, etc. Nada que ver.

4Orzamentos ocultos. Ademais, tal e como explica o meu compañeiro de redacción, Juanma Romeu, a isto hai que sumar “as partidas que o Goberno reserva para Juan Carlos e a súa familia  -viaxes oficiais, recepcións, salarios do persoal da Zarzuela- e para a conservación dos palacios e xardíns, e que figuran noutras partidas dos Orzamentos. Escondidas, pero aí están. Iso faría un total de 59,28 millóns. Aínda habería que engadir os gastos de seguridade, de coches e choferes, ou da Garda Real. Estes custos asúmeos os ministerios do Interior, de Defensa e de Facenda, pero o importe mantense en segredo.”

5Patrimonio real. E, para terminar, outro dato: segundo publicou fai uns anos a revista británica EuroBusiness, Juan Carlos I posúe un patrimonio estimado de 1.790 millóns de euros. Aí é nada. A Casa Real respondeu que a “disparatada cifra” calculárona entendendo que “os bens públicos do Patrimonio Nacional, do Estado español, son propiedade da súa Maxestade o Rei, o cal é evidentemente inexacto”. É dicir, non é falso, é inexacto.

Blog do autor: https://web.archive.org/web/20120109100416/http://queparenlasrotativas.wordpress.com/2011/12/28/los-presupuestos-de-la-casa-real-version-extendida/

Nota da Aemblea Republicana de V igo

 Do quer dí o artigo desprendese :

 1.- Que a Casa Real española non é a que menos presuposto ten das monarquias

      europeas. Os seus gastos són de caseque 60 millóns de euros.

 2.- Non parece posible que con este presuposto se podan acadar os 1790 millón de euros

     que a revista Forbes – o Ghota dos millonarios –  sinala como fortuna persoal de Juan

     Carlos Borbón. O non gastou un peso nestas máis de tres decadas ou o diñeiro 

     apareceulle por outras inconfesables vias

Pode que che interese:

Deixa un comentario