DECLARACIÓN DA ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO SOBRE O ARQUIVO POR PARTE DA FISCALIA DAS DILIXENCIAS ABERTAS CONTRA O REI EMÉRITO POR PRESUNTO DELITOS FISCAIS


A Fiscalia Xeral do Estado acaba de anunciar que arquiva a investigación sobre o Rei Emérito pese a constatar que entre 1975 e 2014 Juan Carlos Borbón cometeu numerosas irregularidades fiscais. É dicir que cometeu posibles delitos de blanqueo de capitais e de cohecho, amais dos presuntos delitos fiscais. É dicir que delinquiu.

Só a prescripción de determinadas actuacións e a impunidade e inimputabilidade que lle otorga a Constitución, salva ao Borbón dun proceso penal e de recibir merecidamente o calificativo legal de delincuente.

Na ARV cremos que xa é tempo de acabar coa corrupción da Coroa, que xa é tempo de pór freo aos panexíricos televisivos e de papel couche loando a unha institución en nada exemplarizante.

Os republicanos e republicanas estamos ata á coronilla dunha constitución que ao afirmar no seu artigo 56, punto terceiro que “la persona del Rey o Rei es inviolable y no está sujeta a responsabilidad”, non só permite que a Fiscalía Xeral do Estado poda arquivar, como acaba de facer, as investigacións abertas contra o Rei Emérito, senón que lle esta dicindo ao actual Rei Felipe VI, o seu fillo, que, non se preocupe e que siga facendo o que facía papa, porque mentres sexa xefe do Estado é inviolable e non esta suxeito a responsabilidade.

Finalmente queremos manifestar que os homes e mulleres da Asemblea Republicana de Vigo, non só estamos fartas e ata a coronilla da Monarquía, da Coroa, de Felipe, de Letizia ou do Emérito pola súa corrupción intrínseca ou polos seus privilexios legais, estamos, sobre todo, fartos da Monarquía por antidemocrática e por ser unha herdanza da ditadura.

Abaixo O Rei!
Abaixo Os Borbóns!
Viva a República!

Vigo, marzo 2022

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará