A POLA III REPÚBLICA, PERO QUE REPÚBLICA?

A POLA  III REPÚBLICA, PERO QUE REPÚBLICA?
Por Marat
Eramos moitas as persoas que estabamos na Porta do Sol onte ás 8 da tarde. Como en Madrid, noutros moitos lugares de España, e non só de España, senón tamén doutros países con emigrantes españois, os concentrados reclamabamos unha III República, moito máis alá do Referendo que a faga posible, que conectase coa lexitimidad política da II. Si algo me pareceu relevante, por enriba das bandeiras tricolores, os gritos de consignas e o numeroso xentío. foi a súa grande diversidade humana. Persoas novas, maiores, de mediana idade, homes e mulleres. Unha representación do que é a poboación española estaba onte luns alí, sabendo porqué estaba e o que quería.
Malia que na Porta do Sol eramos moitos (20.000 segundo a policía, que sempre rebaixa as cifras) a miña memoria das fotografías en branco e negro da concentración na mesma praza que trouxo a II República dime que entón eran moitos máis os españois que a enchían xunto ás riadas humanas das rúas adxacentes que onte non ían moito máis alá de Sol.
O desexo de República medrou moito en España nos últimos anos, máis por erros da Monarquía que por acertos das forzas republicanas ou pola revisión da transición da ditadura á reforma dunha democracia menor de idade, por moito que a demanda desa revisión estendeuse por importantes sectores da poboación, aínda que estes sexan máis ben os máis concienciados políticamente e algúns outros máis críticos e instruídos.

É lóxico que así sexa. Un cambio político só se produce cando o réxime que vai ser substituído está esgotado. Dicía Hegel que “a coruxa de Minerva só levanta o voo á noitiña”. A miña pregunta é si xa caeu a noite sobre a Monarquía española ou aínda ten folgos e dispón de forzas -non políticas, senón as que de verdade deciden, o poder escuro de quen moven os títeres tralas bambalinas do noso pequeno teatrillo de rúa- Ou dito doutro xeito, si a vontade do soberano, a cidadanía, porque nun asunto como este si que a palabra  tene pleno sentido e non é só cousa dos seus representantes, aínda que estes deban xogar unha partida que algúns deles non quixesen xogar, ten a forza suficiente para impoñer a voz da rúa sobre o réxime de partidos da neorestauración instaurada na transición.
En calquera caso, a función debe chegar ata o final. As forzas republicanas e a cidadanía máis consciente da necesidade de dar unha saída ao esgotamento do modelo político instaurado na transición deben presionar ata facer caer a Monarquía ou lograr a convocatoria dun Referendo sobre o sistema de xefatura de Estado.
Os acontecementos van producirse a unha velocidade sideral na que difícilmente poderán medirse os pasos dados e calcular previamente os seus efectos, polo menos por parte das forzas do cambio. Serán dous ou, como máximo, tres semanas vertixinosas con labirintos e trampas nos que grande parte da poboación podería marearse e perderse, si a conexión dos partidos e organizacións republicanas con esta non é suficientemente estreita e diaria.
A posibilidade de que o proceso republicano entre en frenada  é enorme. De entrada, os partidarios da III República non elixiron nin o momento, nin o escenario, nin o calendario. Foi a propia Casa Real e, sen dúbida, os poderes fácticos (empresariais, militares, da comunicación,…)que desbordan o estreito espazo do político conformado polo PP e o PSOE fundamentalmente, os que marcaron o campo de xogo e os tempos cando menos esperábase.
Doutra banda, unha hipotética III República debe dar resposta ás aspiracións de soberanía de pobos de España que non se senten ben integrados na mesma ou que se afastan xa dela porque non se recoñecen no nós español. Só unha III República que recoñecese esta realidade e o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español podería dar satisfacción a eses desexos. Difícil brete para un novo Estado español no que son moitos os que deixarían de prestarlle o seu apoio si iso conlevara a posibilidade de secesión de boa parte dos territorios que hoxe aínda conforman ese complicadísimo compendio que hoxe chamamos España. Pero non hai outra que asumir esta realidade porque ela imponse queirámolo o resto ou non. Volver tecer complicidades onde antes outros gobernos romperon pontes non é sinxelo pero debe intentarse a partir da procura do consentimento de todas as partes.
Nese sentido as declaracións de onte de President da Generalitat, señor Mas e da portavoz de ERC, Anna Simo, sobre que a abdicación do Rei abre a posibilidade dunha nova forma de Estado en España, non lles concierne porque eles están nun proceso soberanista xa sen España é mear fore do tiesto   e non entender que si un amigo non catalán necesita os desexos de independencia en Cataluña é precisamente aos republicanos españois. Moito máis cauto mostrouse o Lehendakari Urkullu, aludindo á posibilidade de que a abdicación abrise paso a atender desde o Estado español unhas reclamaciones do pobo vasco que non foron escoitadas ata agora. Parece que fai algún tempo o seny catalán emigró a outras terras.
Pero as forzas conservadoras, como o capitalismo, nunca puxeron todos os ovos no mesmo saco. Iso, en bolsa, chámase diversificación do risco. As teorías da reprodución das élites, refírome fundamentalmente ás económicas, que son as que de verdade deciden, non deixan de lado este feito nin a súa capacidade de tramar redes sociais -as do mundo real- cunha ampla diversidad de intereses que lles permitan dispoñer de suficientes cartas en xogo e alternativas, de modo que o seu poder sempre continúe intacto baixo calquera goberno ou forma de Estado. Non sempre o logran pero levan unha máis que evidente vantaxe sobre as forzas progresistas ou as esquerdas que, hoxe máis que nunca, cando as ven vir xa é demasiado tarde.
É rechamante que un personaxe como o defenestrado Pedro J. Ramírez sexa, malia a súa  babeante práctica do besamanos á Monarquía, un republicano confeso. Non é o único. O xa fóra de xogo, por asuntos dunha bioloxía que só lle permite mirar desde a retaguardia como o cascarrabias liberal que é, Antonio García-Trevijano, sempre foi un republicano “avant a lettre”. Republicano ao seu modo porque a súa única democracia é unha antipartidos na que el mesmo actuase como gran monarca sen coroa da mesma. Iso non lle impediu unha amizade co señor Anguita que nunca lle fixo noxos a colaborar con calquera tipo da ideoloxía que sexa que lle dea un pouco de xabrón e de alabe as súas virtudes republicanas e o seu liderado moral. As últimas simpatías deste autoproclamado referente cara a outro novo referente “ex nihilo” moito máis novo, que lle deixou xa para tomar sopitas, avalan o que digo.
Onte mesmo, o dereitista ex director do único periódico netamente monárquico, o ABC, co permiso do pelotillero aúlico Marhuenda, pronunciouse a favor dun referendo monarquía-república. Refírome a Luís María Ansón.
Saben que si non é hoxe será mañá pero que a República volverá a España levantada por un movemento popular que vexa nela algo máis prometéico que unha mera forma de Estado. E é a iso ao que temen. E como o temen, adiántanse aos acontecementos e colocan peóns en todos lados. Porque como chamarían vostedes á elevación á categoría de descubrimento do século dunha forza política que non existía fai 4 meses e que foi levada en volandas ata o Parlamente de Estrasburgo? A profecía autocumprida de converter en fenómeno mediático a un partido e a alguén que non o son, mediante a mención do nome dese partido e a aparición do seu Mesías cada día trescentas veces e ata na sopa, e de continuar elevándoo tralas eleccións europeas ao estrellato mundial, tal cal si gañase as europeas, anuncia claramente unha operación recambio a toda velocidade por parte das élites do poder económico, que sempre son as que están tralo mediático. Nin Felipe González e o PSOE foron encumbrados tan rápida, tenaz e descaradamente.
É así que, si a dereita republicana vende a monarquía como unha forma de loita contra a corrupción, a “esquerda que non é de esquerdas nin de dereitas”, nada no tubo de ensaio do laboratorio político empéñase en vendernos unha República na que o decisivo para loitar por ela é a soberanía e a democracia, coma se por ser República tivese que ser necesariamente máis democrática, fóra do feito importante pero insuficiente, de que o cargo de Presidente da República non é hereditario.
Non é estrano este tipo de discurso cando ao partido preexistente ao actual Podemos, Esquerda Anticapitalista, o tema da República importáballe moi pouco fai apenas 4 anos. E seino de fonte tan directa como eu mesmo. Aquí ninguén me engana nin elixín mal a fonte a través dun enlace de Internet equívoco.
Para o devandito partido a República, salvo entre algúns dos seus mozos, que chegaran á militancia política nun ambiente social crecientemente republicano, era o recordo da II, co sempiterno discurso sobre o POUM e a súa revolución na guerra fronte ao malvado estalinismo dunha República burguesa, que o foi pero en cuxo enunciado a palabra traballadores estaba moi presente, o mesmo que na acción política do goberno da Fronte Popular, quizá tamén grazas á propia guerra.
Si se buscase  unha III República, como unha institución aparentemente neutra, conciliadora de todos os intereses, por enriba da defensa primordial da gran maioría da poboación (que é de clase traballadora) e por enriba do control social da economía, esta terá moi pouco interese para moitos de quen somos e sentímonos republicanos.
Si o vento que lle da pulo as velas cara a esta III República, que está por ver si lograremos, nace de novo de pacto entre os sectores de poder económico que viñeron sostendo á Monarquía e os novos produtos políticos emerxentes, máis unha parte dos que levan anos defendendo esta forma de Estado alternativa, nacerá morta porque non representará á maioría senón á  oligarquías económicas que están detrás dos partidos que, nun momento ou outro, son peóns do capital. Non será, en definitiva, máis que unha segunda transición pactada e desa ración xa comemos no pasado bastante.

Négome a aceptar ese chantaxe, pretendidamente unitarista, que busca silenciar, como fai tres anos comezou a facelo, todo discurso que non vai polo centro da corrente maioritaria, que previamente foi deseñada para selo. Iso de chamar divisionistas aos quen non seguen ao abanderado, que diría George Brassens, paréceme directamente fascista.
III República si pero república de traballadores de España

 

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *