Paco Rocca e “Los surcos del Azar”

Surcos

O VINDEIRO 2 DE MARZO E NUN ACTO ORGANIZADO POLA ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO  TERÁ LUGAR  A PRESENTACIÓN DE

 

 LOS SURCOS DEL AZAR de PACO ROCA http://astiberri.com/products/los-surcos-del-azar

 

O ACTO, QUE CONTARA COA  PRESENCIA DO AUTOR , DARÁ COMEZO ÁS 19.30 EN LA CASA DEL LIBRO (Velazquez  Moreno 26)

 

FRANCISCO MARTÍNEZ ROCA, chamado Paco Roca(Valencia 1969) é un autor de historietas adscrito ao movemento da novela gráfica. Estudiou  Artes e Oficios  en  Valencia e comezou a traballar en publicidade. As súas lecturas xuvenís transitaron polo mundo de Astérix, Blueberry, Mortadelo e Filemón e Tintín para máis adiante descubrir as obras de Richard Corben, Carlos Giménez ou Frank Miller.

Os seus comezos  foron en 1994 en “Kiss Comix, revista onde debuxou historietas eróticas con personaxes infantís como Peter Pan ou Aladino. Catro anos máis tarde comezou a publicar para “El Víbora”. Xunto ao guionista Juan Miguel Aguilera, con quen traballara en “Kiss Comix” crea Road Cartoons, un experimento que mesturaba debuxo e 3D. En 2000 publicaron xuntos GOG, comic-book inspirado nos mundos virtuais de Road Cartoons.

Con Juego lúgubre (A Cúpula, 2001) busca o paralelismo entre Drácula e Dalí, dous seres que viven illados e teñen atemorizados aos seus veciños porque están por encima da moral. O álbum foi editado en Francia, Italia e Holanda.

En 2003 publica en Francia a primeira entrega da súa serie Las aventuras de Alexandre Icaro, co título de Hijos de la Alhambra e un ano máis tarde El Faro (2004) coa que seguiría traballando para o mercado francés.

En marzo de 2007, a editorial francesa Delcourt lanzou a súa novela gráfica Rides, considerada como un dos 20 mellores cómics editados ese ano en Francia. En novembro, esta reflexión sobre a vellez, foi editada en español por Astiberri Edicións co título de Arrugas, recibindo en 2008 senllos recoñecementos no Salón do Cómic de Barcelona (Premio ao Mellor Guion e Premio á Mellor Obra de Autor Español), outro no festival de Lucca e dous premios Dolmen, ademais do Premio Nacional do Cómic.
Mentres se xestaba a adaptación fílmica de Arrugas, Roca publicou dúas novelas gráficas máis, Las calles de arena e Emotional World Tour esta última con  Miguel Gallardo e onde contaban á limón anécdotas relacionadas coa promoción das súas obras.
En 2010 iniciou a tira dominical Memorias dun home en pijama para o diario “As Provincias”.

 

Co guionista francés Serguei Dounovetz abordou en El angel de la retirada a vida nos campos de refuxiados españois en Francia trala Guerra Civil.

 

Con O Inverno do debuxante realizada xa directamente para a editorial española Astiberri  gañou  os premios a Mellor Guión e Mellor Obra de Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona 2011.

 

En 2012 o Museo Valenciano da Ilustración e a Modernidade(MuVIM) acolleu unha retrospectiva da súa obra
A finais de 2013 publicaba a súa novela gráfica  Los surcos del azar, baseada na historia da Nove, a división do Exército da Francia Libre formada por españois durante a Segunda Guerra Mundial e coa que obtivo o premio á mellor obra de autor español no Salón Internacional do Cómic de Barcelona e foi declarado nun inquerito de El Pais como o mellor comic publicado en España en 2013.

 

“La casa”, a súa última obra, recibiu o Premio Zona Cómic ao mellor  Cómic Nacional de 2016 e o  Estrella  2016  ao comic máis destacado do ano polo diario francés  Le Parisien

Pode que che interese:

Deixa un comentario