2026 · En Vigo, marchamos pola República

O próximo martes 14 de abril, os vigueses e viguesas e o conxunto dos veciños e veciñas da comarca voltamos saír ás rúas de Vigo en marcha pola República. A Asemblea Republicana de Vigo convoca unha nova manifestación que sairá do cruzamento da Vía Norte coa rúa Urzáiz ás 19:30 horas do devandito día, rematando, un ano máis, na Porta do Sol, diante da rúa da II República.

Nestes momentos onde o imperialismo e as posicións máis reaccionarias avanzan destruíndo todo ao seu paso, unha República feminista, que aposte pola soberanía popular, polo dereito á vivenda digna e contra a especulación, pola defensa dos intereses da clase traballadora e pola soberanía dos pobos é máis necesaria ca nunca.

Facemos un chamado a todas as organizacións do campo popular, a todas as compañeiras e compañeiros antiimperialistas a que, ao berro de Pola República, marchen canda nós nesta xornada.

O acto de feche contará coa intervención de Nemesio Barxa, xurista e político nado en Viana do Bolo, e tamén coa actuación musical de Laura Quintillán ao violín e Antón Sánchez á gaita, sendo presentado por Emilia Alonso en nome da nosa asociación.

Pode que che interese:

Gaza: Un xenocidio televisado

Este próximo xoves 15 de xaneiro de 2026 ás 19:30 a Asemblea Republicana de Vigo organiza unha nova conferencia sobre Palestina. Mohamed

Deixa un comentario