Gaza: Un xenocidio televisado

Este próximo xoves 15 de xaneiro de 2026 ás 19:30 a Asemblea Republicana de Vigo organiza unha nova conferencia sobre Palestina.

Mohamed Safa, médico palestino, residente no noso país, estará no salón de plenos do local da ONCE (Avenida de Gran Vía, 16. Vigo) impartindo unha conferencia sobre o xenocidio e a ocupación de Gaza.

A Asemblea Republicana de Vigo leva décadas defendendo a xusta causa do pobo palestino e denunciando a ocupación e xenocidio aos que son sometidos, polo estado terrorista de Israel, desde o século pasado.

A solidariedade é un dos eixos da Asociación, recollido nos seus estatutos e é por iso polo que non é a primeira vez de Mohamed Safa está en Vigo convidado pola ARV, a anterior en 2022.

A Asemblea Republicana de Vigo convida a todos e todas as viguesas solidarias e a todas as organizacións políticas, sindicais, sociais e veciñais a encher o auditorio da ONCE en mostra de apoio e solidariedade co pobo de Palestina.

Pode que che interese:

Deixa un comentario