A Asemblea Republicana de Vigo condena o ataque imperialista contra o pobo de Venezuela e rexeita o secuestro do lexítimo presidente, Nicolás Maduro Moros.
Co comezo do ano, o imperio americano volveu mostrar, por enésima vez, a súa verdadeira cara imperialista e colonizadora.
Tras décadas de asedio e ataques á Revolución Bolivariana, esta fin de semana a ofensiva deu un paso máis con bombardeos sobre Caracas e co secuestro do seu presidente e a súa muller.
A Asemblea Republicana de Vigo esixe ao goberno do estado español unha condena clara e firme ao ataque perpetrado polos Estados Unidos así como a esixencia da liberación inmediata de Nicolás Maduro e Cilia Flores.
A ARV mostra o seu apoio aos secuestrados así como o seu apoio á Revolución Bolivariana. A Asociación fará parte de todas cantas iniciativas se desenvolvan en apoio a Venezuela e de rexeitamento das políticas imperialistas levadas a cabo por Estados Unidos, a Unión Europea e o Estado Español.
Animamos ao conxunto do pobo solidario e internacionalista a acudir este vindeiro sábado 10 de xaneiro á Manifestación contra a agresión ianqui contra Venezuela e pola paz e a soberanía dos pobos.


