Concluiron as Xornadas de Memoria e represión de 2025

Este pasado xoves 13 de novembro remataron en Librouro as Xornadas de Memoria e represión 2025.

Sabino Cuadra foi o que fechou as xornadas que arrincaron en setembro. O militante memorialista vasco presentou o seu último libro Sanfermines de 1978. Los victimarios. Na presentación, o ex deputado fixo un percorrido onde puxo nome e apelidos aos victimarios.

En outubro o xornalista gaditano Iñaki Errazkin presentou tamén nesta xeira, Guardia Incivil, sobre os 200 anos da Guardia Civil.

Tamén en Librouro foi onde arrincaron estas xornadas no mes de setembro coa presentación de Memoria de las mujeres, de Sol Gómez Artega, presentación que contou coa participación de Isamil9 e Arsel Randez.

A Asemblea Republicana de Vigo valora como un éxito rotundo estas necesarias xornadas de memoria e represión que afondan na importancia do traballo político contra a impunidade.

Pode que che interese:

Xornadas de memoria

Estes próximos meses de setembro, outubro e novembro de 2025 a Asemblea Republicana de Vigo organiza unhas xornadas sobre memoria en colaboración

Deixa un comentario