O martes 21 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos do Museo do Marco de Vigo (Rúa do Príncipe, 54) a Asemblea Republicana de Vigo e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 organizan a presentación do documental Falando de memoria.
Este traballo está composto por 15 microdocumentais gravados en lugares de memoria de Vigo e a súa bisbarra e que homenaxean ás mulleres e homes que perderon a vida por defender a República en 1936.
Estas micro reportaxes nacen da necesidade e obriga de arroxar luz sobre a desmemoria que trouxeron 40 anos de escuridade.
2 comentarios en “Presentación do documental: Falando de memoria”
No puedo ir el martes 21 al Marco y tengo mucho interés en verlo, dónde puedo verlo otro día??? Gracias.
Ola María!
O contido do proxecto Falando de Memoria está xa dispoñíbel nesta ligazón: https://falandodememoria.wordpress.com/
Saúde!