A COROA E A LEXISLACIÓN

As inxurias á  Coroa constitúen un delito de lesa maxestade tipificado nos artigos 490  e 491 do Código penal español, que prevé penas de prisión de catro a 24 meses. Este delito  foi e é motivo de controversia entre as forzas políticas e ten sido, asemade, causa de polémica en diversas ocasións, como por exemplo, no proceso levado a cabo en 2007 contra a revista satírica El Jueves.

O delito de inxurias á Coroa atópase recollido na Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal no seu Título XXI, chamado Delitos contra a Constitución. No Capítulo II recóllense os Delitos contra a Coroa, nos que se inclúen:

[…] ao Rei, ou a calquera dos seus ascendentes ou descendentes, a Raíña consorte ou ao consorte da Raíña, ao Rexente ou a algún membro da Rexencia, ou ao Príncipe herdeiro da Coroa […] art. 485.

No punto 3º do arriba mencionado artigo 490 establécese que:

“O que calumniase ou inxuriase ao Rei ou a calquera dos seus ascendentes ou descendentes, a Raíña consorte ou ao consorte da Raíña, ao Rexente ou a algún membro da Rexencia, ou ao Príncipe herdeiro da Coroa, no exercicio das súas funcións ou con motivo ou ocasión destas, será castigado coa pena de prisión de seis meses a dous anos se a calumnia ou inxuria fosen graves, e coa de multa de seis a doce meses se non o son.

E no 491:

1. As calumnias e inxurias contra calquera das persoas mencionadas no artigo anterior, e fóra dos supostos previstos no mesmo, serán castigadas coa pena de multa de catro a vinte meses.
2. Imporase a pena de multa de seis a vinte e catro meses ao que utilizase a imaxe do Rei ou de calquera dos seus ascendentes ou descendentes, ou de Raíña consorte ou do consorte da Raíña, ou do Rexente ou dalgún membro da Rexencia, ou do Príncipe herdeiro, de calquera forma que poida danar o prestixio da Coroa.

 
CRITICAS Á LEXISLACIÓN  EN DEFENSA DA COROA

Desde diferentes sectores sociais, políticos e xudiciais vense  criticando a  tipificación de inxurias á Coroa como delito. Os principais argumentos empregados son que limita o dereito á liberdade de expresión, que privilexia á Familia Real Española frente ao resto de cidadáns e que o seu castigo resulta contraproducente para os intereses da monarquía.

O  13 de septembreo de 2007, Giulia Tamayo, da ONG pro-dereitos humans Amnistía Internacional, declarou que a súa organización acababa de remitir sendo escritos dirixidos ao Ministerio de Xustiza e á Fiscalía da Audiencia Nacional nos que se pide que se revise a lexislación española para garantir os dereitos dos periodistas.

Na sesión  parlamentar do 22 de abril de 2008, o  grupo parlamentario de Esquerda  Unida (IU-ERC-ICV) presentou unha proposición de Lei Orgánica para despenalizar as inxurias á Coroa  por considerar que o seu castigo afecta aos fundamentos básicos do sistema democrático e é desproporcionada.

O  10 de outubro de 2008, un grupo de 50 letrados provenientes principalmente de Baleares, Catalunya e Valencia presentaron no  Colexio de Avogados de Barcelona un manifesto no que expresan a súa preocupación polo enxuizamento constante de persoas relacionadas coa queima de fotografías e imaxes da  familia real. Destacan que a sobreprotección á Coroa pode chocar co dereito á igualdade  recollido no artigo 14 da Constitución española de 1978. Ademáis engaden que por ser unha institución imposta, debe aceptar as críticas por parte da cidadanía. O obxectivo do manifesto era promover o debate ao redor desta cuestión nos colexios profesionais e en xeral na  sociedade

O 15 de outubro de 2008 a ONG Reporteros Sin Fronteras pediu que se reformara a lexislación española sobre inxurias á Coroa xa que perxudica a liberdade de expresión.

(Documentación: Asemblea Republicana de Vigo)

Pode que che interese:

Deixa un comentario