CONVOCATORIA PÚBLICA DUN CONCURSO DE IDEAS PARA DESEÑO GRAFICO

LOGO 1 pequeno

A Asemblea Republicana de Vigo (ARV) leva dous anos alugando valados publicitarios para conmemorar o 14 de Abril e anunciar a manifestación republicana dese día.

Este ano queremos abrirnos a novas iniciativas e imos convocar un concurso de ideas para realizar o deseño gráfico que anuncie a citada manifestación

BASES DO CONCURSO

1º. PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso calquera persoa física ou xurídica sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente.

2º. TRABALLOS

O tema dos traballos presentados será libre, pero terán que conter as cores da bandeira republicana (sen escudos nin estrela) e os da bandeira galega (sen escudos nin estrela). Asemade deberá aparecer tamén o logo da Asemblea Republicana de Vigo(ARV) e o seguinte texto
1 – POLA REPUBLICA
2 – Manifestación , xoves 14 de Abril ás 20 horas dende a FAROLA de Urzaiz

Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe destas premisas.

3º PRESENTACIÓN
Os deseños deberán ser entregados en formato PDF, JPG ou PNG, lexibles para PC, tamaño en escala 1/10 a 800×300 mm e un peso máximo de arquivo de 4 megas.
Ao gañador solicitaráselle posteriormente o arquivo orixinal para a súa reproducción que deberá ter resolución dabondo para un valado de 8 metros de longo e 3 metros de alto, é dicir, unha resolución de 300ppp a escala real (8000×3000 mm) e en CMYK.

So se poderá presentar un traballo por participante.
O logotipo da ARV así como as fotos dos valados dos dous últimos anos están dispoñibles en http://asemblearepublicana.org/fotos/index.php?album =Concurso valados

4º PRAZO DE ENTREGA
Os traballos deberán enviarse ao correo da ARV: contacto@asemblearepublicana.org especificando no asunto “Concurso de Valados” e aportando no propio texto do correo electrónico un teléfono de contacto.

O prazo de entrega rematara o día 20 de febreiro de 2016 ás 24:00 h. Os traballos presentados fora deste prazo borraránse e non entrarán a concurso.
5º CONDICIÓNS
A obra premiada e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade da ARV que asemade reservase o dereito de reproducción da obra finalista.
Os traballos participantes , unha vez expostos para a reunión do xurado, medios de comunicación e público en xeral, serán destruídos para garantir aos seus autores a non utilización dos mesmos noutros fins alleos á súa participación neste concurso.

6º XURADO
O xurado estará composto pola xunta directiva da Asemblea Republicana de Vigo, sendo a súa decisión inapelable e correspondéndolle a resolución de calquera circunstancia non prevista nestas bases. A Asemblea Repúblicana de Vigo non se fai responsable de posibles plaxios
7º PREMIO
A Asemblea Republicana de Vigo concederá un único premio dotado con douscentos cincuenta euros (250), podendo o concurso quedar deserto, tanto por motivos técnicos como artísticos

8º ENTREGA DO PREMIO
A comunicación da decisión do xurado farase pública antes do 15 de marzo de 2016 en lugar e data que se comunicará oportunamente aos autores cuxas obras queden entre as finalistas do concurso. Para máis información, pódese contactar con Amigos dá República Vigo en http://asemblearepublicana.org/blog/ ou en novas@asemblearepublicana.org

CLÁUSULA LOPD
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro cuxo responsable é Asemblea Republicana de Vigo. A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos de participantes en concursos que organiza a asemblea. Informámoslle de que os seus datos poderán ser cedidos aos medios de comunicación coa finalidade de dar a coñecer aos participantes e ganadores dos concursos organizados. Si deséxao poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, achegando unha fotocopia do seu DNI.

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *