Posicionamento das Unións comarcais de Vigo de CCOO, CIG E UGT sobre a cruz do Castro

As centrais sindicais maioritarias nesta cidade, CCOO, CIG e UGT, non compartimos, e rexeitamos, o posicionamento e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no concello de Vigo, en relación o derrubamento da cruz do castro.
A pesares da argumentación utilizada tanto por PP como polo PSOE, a realidade e que non é simplemente unha cruz; é un símbolo fascista o pé do que se fusilaron a persoas desta cidade que non eran afíns o réximen
Estamos ante unha sentenza xudicial que recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o concello o seu derrubamento, polo tanto non é entendible o recurso por parte do mesmo.
Un goberno que presume de <> o dito símbolo fascista por acordo unánime dun pleno de 1981, non debería hoxe poñer tantos atrancos para cumprir unha sentenza, que o que ditamina e o cumprimento da Lei de memoria histórica, unha lei elaborada polo goberno de Zapatero e aprobada o 26 de decembro de 2007, para devolver a dignidade a unha boa parte da cidadanía.
Por respecto ás familias das vítimas e en cumprimento da Lei, reclamamos que se execute a sentenza sen máis demora.

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *