Non ao Borbón!. Viva a República!

A Asemblea Republicana de Vigo quere proclamar o seu republicanismo máis ala de quen sexa o titular da Coroa. Nós e centos de miles de cidadans e cidadas non quremos rei, nin este que acaba de abdicar, nin este outro que nos queren impoñer. Para nós o trato cos reis limitase só aos espazos imaxinarios dos contos infantis. Ao noso entender e interpretada en clave interna, esta abdicación producese no momento xusto en que a Coroa esta nas súas horas máis baixas de popularidade. Pensan os sociologos e os popes da comunicación do bloque dominante, que só o cambio da faciana do seu titular pode darlle respiro a unha Monarquía que, nada do franquismo, foi actor esencial para contruir a II Restauración e para o sostén a afortalamento da chamada transición. Unha transición da que xurdiu o bipartidismo dinastico representado polo PSOE e polo PP e que hoxe esta tamén nos seus momentos máis baixos.

Por iso os medias dominantes que se postran e humillan diante do poder, van darlle pulo sin parar e de forma acelerada a Felipe Borbón para que así repunte a institución. Falaran da súa preparación, da súa xuventude, do seu talante dialogante e democratico. Pero debemos estar alertas. Que non nos enganen . O único rei bo é o rei que non existe. O unico rei demócrata e o que deixa esa condición e acepta converterse en cidadan. Democracia e monarquía son conceptos antagonicos e incompatibles. Quen asuma a condición de Rei terá que asumir tamén a posibilidade do exilio forzado.

Desde a Asemblea Republicana decimos non á Monarquía e diremolo mil veces máis…. con palabras e con actos. E non so por ser unha institución medieval baseada nos dereitos do sangue, senón porque a Monarquía Borbonica é unha herdanza da ditadura, un rexime ilexitimo imposto pola forza das armas logo dunha guerra xenocida e de cuarenta anos de ditadura. Non ten lexitimidade e nós non lla imos dar. Non queremos rei nin sucesores. Queremos que os cargos publicos e a xefatura do estado emanen da vontade popular. Por iso dende a ARV facemos un chamamento a persistir na loita na defensa da Republica como a única alternativa auténticamente democratica tamén que posibilite a configuración dun estado plurinacional e plurilinguistico onde se respecte o dereito a decidir das nacions sen estado como é o caso de Galicia.

Mañá nas Cortes españolas vaise botar unha lei organica que servirá para regular e legalizar o traspaso de poderes na xefatura do estado dun membro da familia Borbón a outro Borbón a titulo de Rei. Dende a Asemblea Republicana facemos un chamamento aos votantes, simpatizantes e mesmo militantes de base do PSOE para que presionen as súas cupulas e a súa dirección, teña esta o nivel de representación que teña, para que non voten a citada lei , para que paralicen o proceso de sucesión e para que se sumen á reivindicación e á loita pola República.

Republicanicemos as ruas, republicanicemos os centros de traballo, republicanicemos os conflictos e as reivindicacións sociais e cidadans AGORA

¡¡¡ABAIXO O BORBÓN¡¡¡
¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA¡¡¡

Pode que che interese:

Deixa un comentario