As últimas novas
Crónica da presentación da “Marcha da paz secuestrada”
Este pasado mércores 19 de marzo presentouse en Librouro (Vigo) o libro “A marcha da paz secuestrada”, de Primitivo Carbajo. O acto foi presentado por Celso López, en representación da Asemblea Republicana de Vigo.
Presentación “A marcha da paz secuestrada”
O próximo mércores 19 de marzo ás 20:00 horas, a Asemblea Republicana de Vigo organiza, na Libraría Librouro de Vigo (R/ Eduardo Iglesias, 12), a presentación do libro A marcha da paz secuestrada, editado
Celebrado con éxito o ciclo “Memoria contra o esquecemento”
Este pasado xoves 28 de novembro rematou o ciclo, organizado pola Asemblea Republicana de Vigo, “Memoria contra o esquecemento“. A presentación do libro Palabras contra el olvido, en Librouro, puxo o peche a unha
Ciclo en novembro “Memoria contra o esquecemento”
Este mes de novembro a Asemblea Republicana de Vigo organiza un ciclo de actividades baixo o título “Memoria contra o esquecemento“. Durante tres xoves deste mes, 7, 14 e 28 de novembro vanse suceder
Quen somos?
Nós, a Asemblea Republicana de Vigo, somos unha organización integrada por homes e mulleres de distinta ideoloxía que asumimos e compartimos os valores e a conciencia histórica da esquerda.
Temos como obxectivos a consolidación e o fortalecemento dunha corrente de opinión que proclama a defensa da forma de estado republicana e a articulación dun movemento unitario que, máis alá das distintas ideoloxías presentes no seu seno, teña como denominador común o rexeitamento da forma monárquica do estado.
A ARV está aberta para que todos os socios e socias que queiran colaborar co seu tempo e as súas iniciativas en prol da República poidan facelo, colaborando e participando da toma de decisións.
Vídeo destacado
Asóciate
Para asociarte a Asemblea Republicana de Vigo e traballar activamente pola República, debes inscribirte aquí.
Camiña connosco nas iniciativas a prol da República.