As últimas novas
Presentación do libro “Heredarás mi reino” de David López Canales
Este próximo xoves 4 de abril, no marco das actividades previas ao 14 de abril, a Asemblea Republicana de Vigo organiza na libraría Librouro (Rúa Velázquez Moreno 27) ás 20:00 a presentación do libro
A Asemblea Republicana de Vigo lamenta a morte de Alfonso Álvarez Cáccamo
A Asociación lamenta fondamente o pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo, este pasado 4 de marzo. Escritor e mestre, xubilado fai máis dunha década, falecía en Vigo aos 71 anos de idade no Hospital Álvaro
A Asemblea Republicana de Vigo denuncia a exhibición, en Vigo, de bandeiras franquistas
Entre o pasado 15 e 17 de xaneiro a Asemblea Republicana de Vigo presentou ante o xulgado de garda de Vigo, ante a Xunta de Galicia e ante a comisaría da policía nacional unha
Celebrada con éxito a asemblea anual da Asemblea Republicana de Vigo
Este pasado venres 15 de decembro celebrouse en Vigo a asemblea anual da Asociación, nela os socios e socias avaliaron o traballo desenvolto durante todo o ano 2023, ratificando o realizado. Ademais, na xuntanza,
Quen somos?
Nós, a Asemblea Republicana de Vigo, somos unha organización integrada por homes e mulleres de distinta ideoloxía que asumimos e compartimos os valores e a conciencia histórica da esquerda.
Temos como obxectivos a consolidación e o fortalecemento dunha corrente de opinión que proclama a defensa da forma de estado republicana e a articulación dun movemento unitario que, máis alá das distintas ideoloxías presentes no seu seno, teña como denominador común o rexeitamento da forma monárquica do estado.
A ARV está aberta para que todos os socios e socias que queiran colaborar co seu tempo e as súas iniciativas en prol da República poidan facelo, colaborando e participando da toma de decisións.
Vídeo destacado
Asóciate
Para asociarte a Asemblea Republicana de Vigo e traballar activamente pola República, debes inscribirte aquí.
Camiña connosco nas iniciativas a prol da República.