Xoan Carlos Borbón acumula unha fortuna de 1.790 millons de euros

Revolution in Spain

Franco precisaba dun sucesor. Non podía deixar a España nas mans da masonería e o bolchevismo, e tampouco podía arriscarse á posta en marcha dunha democracia liberal. Decidiu traer a Xoan Carlos I de Borbón, que estaba exiliado en Italia xunto ao seu pai logo da proclamación da República, e adoctrinalo nos principios franquistas. Este rapaz chegou a España cunha man diante e outra detras, sin unha peseta no peto, pero hoxe acumula unha fortuna de 1790 millones de euros segúndo a revista Forbes. Tamén hai que decir que esta afirmación non é a máis axeitada, pois se lle asocian tamén os bens do Estado dos que disfruta.

A familia do Rei Xoan Carlos fai os seus negocios. O seu xenro é conselleiro de Telefónica. A súa irmá céntrase nas empresas de luxo. O seu primo irmán chea os seus petos cos negocios de telecomunicacións, autoestradas e petróleo.

E a lista amplíase segundo descendemos na súa árbore xenealóxica. Pero ao rei oficialmente non se lle coñece ningunha outra empresa que a Xefatura do Estado.

Entón, como conseguiu amasar unha fortuna estimada polas revistas Forbes e Eurobusiness en 1.790 millóns de euros? Diferentes libros e cargos públicos denuncian que os agasallos recibidos e o uso de homes de palla poderían achegarnos á resposta a esta pregunta. Por exemplo, para o seu último iate Fortuna empresarios mallorquinos sumaron unha colecta, suxerida polo propio rei, de 2.600 millóns de pesetas, segundo o xornalista Matías Vallés, ao que o Goberno rexional de Jaume Matas (PP) sumou 400 millóns. E así goza dos seus veraneos, como cada ano recollen as imaxes da familia real en Mallorca. A maioría compartidas con numerosos logos de coñecidas empresas.

Hai que ter coidado coa estimación de Forbes porque incluía cousas do Patrimonio Nacional. Ao seu nome non atopamos nada legalmente. Ata se lle acusou e investigou por delitos financeiros, como o cobro ilegal de comisións e o roubo das obras de arte do Ducado de Hernani””, denuncia Iñaki Errazkin, autor de “Hasta la coronilla. Autopsia de los Borbones”

A única forma de coñecer os seus ingresos públicos é rastrexar os orzamentos. Directamente en 2009 recibiu 8,9 millóns. “ Patrimonio Nacional destina uns 140 millóns ao mantemento de palacios e outras posesións, seis millóns do Ministerio de Administracións Públicas son destinados para asesores, funcionarios de elite. Ademais, o parque móbil duns 60 vehículos de alta gama corresponde ao Ministerio de Economía e todas as súas viaxes corren a cargo de Defensa ou Asuntos Exteriores “, explica Antonio Romero, ex deputado de EU e coordinador da Rede de Municipios e Cargos Públicos pola III República.

Pero as contas non cadran. E ninguén pode investigalo. O artigo 56 da Constitución establece que “a persoa do rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade”. Mesmo logo do nomeamento dun interventor das contas reais en 2007, a Casa Real afirmaba que era “unha decisión administrativa e burocrática adoptada polo rei para mellorar o funcionamento interno da institución, non ten máis transcendencia”.

A Casa Real actúa como un verdadeiro paraíso fiscal, interpretan a disposición libre do seu orzamento, como que non teñen que dar explicacións a ninguén”, denuncia Romero. Á falta de control por parte, ata, dos propios organismos públicos, foi denunciado en abril ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo por Esquerra Republicana de Catalunya.

Recentemente, Gaspar Llamazares (EU) tiña que ampliar unha pregunta ao Goberno sobre se podía dar “garantías de que ningún recurso da familia real estea en paraísos fiscais” a todas as institucións do Estado. Non era a primeira vez que denuncias similares tiñan lugar.

Patricia Sverlo recollía en “Un rei golpe a golpe” (Ardi Beltza, 2000) que tanto el como a súa familia teñen aforrados 6.000 millóns de pesetas en bancos suízos, por “se as cousas se torcen no Estado”. Os escándalos económicos salpicaron en numerosas ocasións a Xoan Carlos de Borbón. E serviron como indicios dos negocios en que podería estar involucrado. Durante os gobernos de Felipe González, varios casos de corrupción foron protagonizados por empresarios e persoas da súa máxima confianza: Javier da Rosa, Manuel Prado de Colón e Carvajal, José María Ruiz Mateos ou Mario Conde pisaron en varias ocasións os tribunais. Unha situación que volve estar presente coa publicación en setembro do libro de Conde, Memorias dun preso, onde relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o seu posterior enxuizamento.

A eles súmanse novos episodios, aínda que toquen máis de cerca ao seu sucesor. A primeiros de agosto era detido Pepote Ballester polo escándalo do Palma Area; e Telma Ortiz, irmá da princesa Letizia, era nomeada “a dedo” subdirectora de Proxectos do Departamento de Relacións Internacionais do Concello de Barcelona (PSC e ICV).

Desde a súa designación como herdeiro de Franco, o rei non deixou de incrementar a súa fortuna privada. Sempre se lembraron os problemas económicos que tivo a súa familia tras o exilio de Afonso XIII. Pero todo cambiou desde que Luís Valls Taberner (Banco Popular) comezou a administrar unha “subscrición popular” para achegar liquidez co apoio doutros banqueiros, moitos nobres e empresarios franquistas.

Posteriormente recollería a testemuña José María Ruiz Mateos. Un feito que utilizou para intentar protexerse da xustiza cando Rumasa foi expropiada. Entón denunciou entregar mil millóns de pesetas ao monarca. A fortuna de Xoan Carlos de Borbón e a súa familia continuou medrando. E de forma “discreta”. Ata cando? Non o sabemos, pero a cifra de 1.790 millóns “nunca foi desmentida pola Zarzuela”, segundo recollíase nun escrito do coronel Amadeo Martínez Inglés ao Parlamento en 2008, quen un ano antes publicara “Juan Carlos I, o último Borbón. As mentiras da monarquía española”.

Pode que che interese:

Deixa un comentario