O Discurso do Rei

Nunca veo el discurso del rey, no me interesa lo que tenga que decir el máximo representante de una institución que me desagrada totalmente. Pero este año estaba el morbo del caso Urdangarin y quería saber como pretendía pasar este apuro.
Nos dice el rey que “la justicia es igual para todos” y eso no es cierto pues la máxima ley de los españoles que es la constitución, le diferencia, siendo su figura inviolable y no sujeta a responsabilidad. Asi mismo escapa su cargo a la ley de la soberanía popular, pues el máximo puesto político en este país no se presenta como todos los demás a la voluntad de las urnas y de todos es conocido por voluntad de quien Juan Carlos ocupa dicho cargo.
Efectivamente seria injusto que  actuaciones individuales desprestigien a todo un colectivo y pone el rey el caso de todos los empresarios, trabajadores e “instituciones y organizaciones que son necesarias para la vertebración de nuestra sociedad”  eso es cierto, tan cierto como que la monarquia no es en absoluto una institución necesaria en un país democrático.
En cuanto el juez impute a Urdangarin tendremos al rey que conocía el tinglado desde 2006 convertido en un encubridor. No es la suya una actitud ejemplarizante, pues conocía el delito de uno de los suyos y lo que hizo fue no solo no denunciarlo, sino cambiarlo de parroquia a Washington, a un puesto de lujo que bien pudiera parecer un premio. Deja asi con su actitud patente el monarca que su prioridad no es la de igual justicia para todos, sino la protección de   la monarquia y la transmisión de la corona a su heredero.
 Jose Ramon Varela Nogueiras. – Vigo -
Posted in Artigos | Leave a comment

Pilar Urbano e o caso Urdangarín

Celso X. López Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo

Nunha entrevista realizada nunha emisora de radio local, a xornalista Pilar Urbano afirmou, sen dubidar e de forma contundente, que o «caso Urdangarín» non ía afectar á monarquía como institución. E utilizaba dous motivos a xeito de exemplos. O primeiro, partía do principio de que o feito de que dous dos membros da casa real británica estivesen incursos en procesos xudiciais tampouco afectou á saúde publica da coroa de Isabel II. O segundo exemplo, nacía da hipótese de que tampouco tería afectado á república, como institución, que se descubrise que Don Manuel Azaña (nada menos) tivese un parente estafador ou malversador de caudais públicos. Habería, sen embargo, que recordarlle a Pilar Urbano un par de aspectos que, ao meu ver, convirten máis nun desexo que nunha realidade obxectiva, todas as súas seguridades sobre a boa saúde da coroa dos Borbóns. O primeiro é que, ao contrario da de aquí, a coroa británica existe, ininterrompidamente, desde Cromwel, (mediados do XVII) sen rupturas violentas nin guerras civís, provista dun modelo parlamentario desde aquela e aberta ao control publico e sen territorios escuros ou opacos e fora das fiscalización da cidadanía. Todo o contrario que a dos Borbóns. Canto ao segundo aspecto que atinxe ao desafortunado exemplo que ten a Don Manuel Azaña e a República como protagonista, compre lembrarlle a esta xornalista numeraria do Opus Dei, que a xefatura dun estado republicano é electiva e que por eso, a súa posición e a súa permanencia depende e esta lexitimada polo exercicio da soberanía popular a través do voto popular e non da herdanza. Porque, aquí, e por si Pilar Urbano xa o esqueceu, houbo un golpe de estado e unha guerra civil que acabou coa república e unha monarquía que instaurou un ditador. Estas diferenzas son esenciais e fan que este escándalo si poda afectar, e de que maneira, á monarquía de Juan Carlos Borbón

 

Posted in Artigos | Leave a comment

Xoan Carlos Borbón acumula unha fortuna de 1.790 millons de euros

David

Revolution in Spain

Franco precisaba dun sucesor. Non podía deixar a España nas mans da masonería e o bolchevismo, e tampouco podía arriscarse á posta en marcha dunha democracia liberal. Decidiu traer a Xoan Carlos I de Borbón, que estaba exiliado en Italia xunto ao seu pai logo da proclamación da República, e adoctrinalo nos principios franquistas. Este rapaz chegou a España cunha man diante e outra detras, sin unha peseta no peto, pero hoxe acumula unha fortuna de 1790 millones de euros segúndo a revista Forbes. Tamén hai que decir que esta afirmación non é a máis axeitada, pois se lle asocian tamén os bens do Estado dos que disfruta.

A familia do Rei Xoan Carlos fai os seus negocios. O seu xenro é conselleiro de Telefónica. A súa irmá céntrase nas empresas de luxo. O seu primo irmán chea os seus petos cos negocios de telecomunicacións, autoestradas e petróleo.

E a lista amplíase segundo descendemos na súa árbore xenealóxica. Pero ao rei oficialmente non se lle coñece ningunha outra empresa que a Xefatura do Estado.

Entón, como conseguiu amasar unha fortuna estimada polas revistas Forbes e Eurobusiness en 1.790 millóns de euros? Diferentes libros e cargos públicos denuncian que os agasallos recibidos e o uso de homes de palla poderían achegarnos á resposta a esta pregunta. Por exemplo, para o seu último iate Fortuna empresarios mallorquinos sumaron unha colecta, suxerida polo propio rei, de 2.600 millóns de pesetas, segundo o xornalista Matías Vallés, ao que o Goberno rexional de Jaume Matas (PP) sumou 400 millóns. E así goza dos seus veraneos, como cada ano recollen as imaxes da familia real en Mallorca. A maioría compartidas con numerosos logos de coñecidas empresas.

Hai que ter coidado coa estimación de Forbes porque incluía cousas do Patrimonio Nacional. Ao seu nome non atopamos nada legalmente. Ata se lle acusou e investigou por delitos financeiros, como o cobro ilegal de comisións e o roubo das obras de arte do Ducado de Hernani””, denuncia Iñaki Errazkin, autor de “Hasta la coronilla. Autopsia de los Borbones”

A única forma de coñecer os seus ingresos públicos é rastrexar os orzamentos. Directamente en 2009 recibiu 8,9 millóns. “ Patrimonio Nacional destina uns 140 millóns ao mantemento de palacios e outras posesións, seis millóns do Ministerio de Administracións Públicas son destinados para asesores, funcionarios de elite. Ademais, o parque móbil duns 60 vehículos de alta gama corresponde ao Ministerio de Economía e todas as súas viaxes corren a cargo de Defensa ou Asuntos Exteriores “, explica Antonio Romero, ex deputado de EU e coordinador da Rede de Municipios e Cargos Públicos pola III República.

Pero as contas non cadran. E ninguén pode investigalo. O artigo 56 da Constitución establece que “a persoa do rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade”. Mesmo logo do nomeamento dun interventor das contas reais en 2007, a Casa Real afirmaba que era “unha decisión administrativa e burocrática adoptada polo rei para mellorar o funcionamento interno da institución, non ten máis transcendencia”.

A Casa Real actúa como un verdadeiro paraíso fiscal, interpretan a disposición libre do seu orzamento, como que non teñen que dar explicacións a ninguén”, denuncia Romero. Á falta de control por parte, ata, dos propios organismos públicos, foi denunciado en abril ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo por Esquerra Republicana de Catalunya.

Recentemente, Gaspar Llamazares (EU) tiña que ampliar unha pregunta ao Goberno sobre se podía dar “garantías de que ningún recurso da familia real estea en paraísos fiscais” a todas as institucións do Estado. Non era a primeira vez que denuncias similares tiñan lugar.

Patricia Sverlo recollía en “Un rei golpe a golpe” (Ardi Beltza, 2000) que tanto el como a súa familia teñen aforrados 6.000 millóns de pesetas en bancos suízos, por “se as cousas se torcen no Estado”. Os escándalos económicos salpicaron en numerosas ocasións a Xoan Carlos de Borbón. E serviron como indicios dos negocios en que podería estar involucrado. Durante os gobernos de Felipe González, varios casos de corrupción foron protagonizados por empresarios e persoas da súa máxima confianza: Javier da Rosa, Manuel Prado de Colón e Carvajal, José María Ruiz Mateos ou Mario Conde pisaron en varias ocasións os tribunais. Unha situación que volve estar presente coa publicación en setembro do libro de Conde, Memorias dun preso, onde relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o seu posterior enxuizamento.

A eles súmanse novos episodios, aínda que toquen máis de cerca ao seu sucesor. A primeiros de agosto era detido Pepote Ballester polo escándalo do Palma Area; e Telma Ortiz, irmá da princesa Letizia, era nomeada “a dedo” subdirectora de Proxectos do Departamento de Relacións Internacionais do Concello de Barcelona (PSC e ICV).

Desde a súa designación como herdeiro de Franco, o rei non deixou de incrementar a súa fortuna privada. Sempre se lembraron os problemas económicos que tivo a súa familia tras o exilio de Afonso XIII. Pero todo cambiou desde que Luís Valls Taberner (Banco Popular) comezou a administrar unha “subscrición popular” para achegar liquidez co apoio doutros banqueiros, moitos nobres e empresarios franquistas.

Posteriormente recollería a testemuña José María Ruiz Mateos. Un feito que utilizou para intentar protexerse da xustiza cando Rumasa foi expropiada. Entón denunciou entregar mil millóns de pesetas ao monarca. A fortuna de Xoan Carlos de Borbón e a súa familia continuou medrando. E de forma “discreta”. Ata cando? Non o sabemos, pero a cifra de 1.790 millóns “nunca foi desmentida pola Zarzuela”, segundo recollíase nun escrito do coronel Amadeo Martínez Inglés ao Parlamento en 2008, quen un ano antes publicara “Juan Carlos I, o último Borbón. As mentiras da monarquía española”.

Posted in Artigos | Leave a comment

A limpeza de sangue do candidato Rajoy

G. Luca

A comezos dos 80, Mariano Rajoy estaba convencido de os privilexiados por nacemento teren mellores opcións na vida por mor dun superior legado xenético. O candidato do PP á Moncloa era daquela deputado fraguista no Parlamento de Galiza, presidente da Deputación de Pontevedra e secretario de Relacións Institucionais da Xunta.

En artigos e entrevistas de radio e prensa, Rajoy aseguraba que nada pode haber máis contrario ao progreso ca a “obsesión de la igualdad”. Os artigos “La Envidia Igualitaria” e “La Desigualdad Humana”, destacados na páxina de opinión de Faro de Vigo no 83 e 84, son un resume da súa defensa dos “fillos de boa estirpe” e da necesidade de respectar e protexer a superioridade xenética xa que se trataba dun resultado da selección natural.

Pola confianza que lle demostraban Fraga e os pos-franquistas madrileños agrupados arredor de Alianza Popular, Rajoy promovia nos medios a imaxe de home forte do partido en Galiza e anticipaba o nomeamento de vice-presidente da Xunta. Para este ascenso que o convertiría en sucesor natural de Fraga a fronte dos franquistas apuradamente carrozados en demócratas, Rajoy tiña que tumbar a Xosé Luis Barreiro Rivas, bombeiro de Fraga para apagar os lumes diarios entre as clientelas provinciais.

Os empeñados en reorganizar o caciquismo franquista nun partido conservador centralista con decorado galeguista, estaban obrigados a superar aos que como Rajoy esixian trato de privilexio por pertenceren a unha elite política e por formar parte das grandes carreiras da Administración. Rajoy reclamábase fillo e neto de notabeis e opositor de éxito. Xosé Cuiña o Barreiro Rivas presentaban a súa capacidade para organizaren clientelas. Na batalla pola lexitimidade dos franquistas, os muñidores de votos e compromisos eran o activo financeiro. As pretensións dinásticas de Rajoy, un discurso de privilexio e continuidade centralista imposibel de vender.

Aillado de esa prática caciquil baseada en míseros acordos e transaccións diarias, Rajoy leva aos medios a explicación e fundamento do seu privilexio. Na realidade, escribe contra os seus rivais dentro do fraguismo. O argumento tómao dunha tendencia ideolóxica da bioloxía norteamericana e inglesa que consiste en que todo o que somos, a nosa condición física, a capacidade intelectual e a mesma estrutura da sociedade na que vivemos, xa estaban escritos no noso ADN. Na metáfora de Richard Dawkins, o autor de “O Xen Egoista”, apenas somos “robots desvencellados” coa memoria central e o programa operativo escritos no ADN.

Como recorda Richard Lewontin, este determinismo biolóxico fora usado para explicar e xustificar as desigualdades dentro das sociedades e entre os povos e para afirmar a inmutabilidade de tais desigualdades. Non é que o ADN non teña unha influencia poderosa sobre nosa anatomía e a nosa psicoloxia mais é un absurdo pretender que determine a vida.

Esta determinación biolóxica válelle a unha clase para xustificar as desigualdades de status, riqueza e poder sobre outra, igual que a acumulación colonial se fundamentara na cor da pel. E se a ciencia proba –como argumenta Raxoi– que xa fomos determinados xeneticamente, que razón ten estragar tempo e recursos nas persoas que foran programadas dende nacimento con menos cualidades?

A medida da utilidade reaccionaria da sociobioloxía está no manual de E.O.Wilson, que caracteriza a especie humana pola súa malevolencia universal, o chauvinismo, a xenofobia, o amor á propriedade e a dominación agresiva dos homes sobre as mulleres. Se cadra por estar máis próximo do tópico de taberna ca do razonamento científico, o libro de Wilson foi recibido coma un catecismo pola dereita franquista pavorecida pola evaporación das institucións da Ditadura.

Manuel Moure Mariño e Gonzalo Fernández de la Mora, dous propagandistas de Franco que na altura dos 80 non teñen xa que lles atenda as saudades do Estado Corporativo, son os encargados de transmitir a Rajoy o virus da sociobioloxía de Dawkins e Wilson. Un contaxio de segunda man e algo pendido para os consellos de Escrivá de Balaguer sobre a envexa e o resentimento de clase. Declarando a estes pensadores os seus autores de cabeceira, Rajoy séntese reconfortado ideolóxicamente. Mesmo se anima a colocar as táboas de Mendel como precedente científica da sociobioloxía.

A retórica da desigualdade xenética resume a guerra dos “birretes” contra “las boinas”, en expresión de Rajoy. Os das puchas sabían como defenderse e distribuian copias dos artigos racistas de Mariano Rajoy para bloquear as súas aspiracións á vice-presidencia da Xunta.

Unha crítica ao reaccionarismo das opinións de Rajoy publicada no número 265 do semanario A Nosa Terra, mobilizara a persoas do entorno político do actual líder do PP que visitaban as redaccións para advertir que o atrevimento de colocar ao presidente da Deputación de Pontevedra na picota, só beneficiaba de feito á fracción caciquil e retrógrada do que daquela chamábase AP e logo sería o PP. Aliado dos contrabandistas

Rajoy tiña más que perdida a batalla contra o sólido entramado clientelar de Barreiro, Cuiña, Baltar e Cacharro. O seu grande valedor, Fraga, inclínase por esta banda de xogadores de chamelo porque levantan partidas con plena seguridade mentres o ideólogo racista non fai máis que perder. É neste dilema cando Mariano Rajoy lanza unha batalla a prol de Alfredo Bea Gondar, alcalde de Ogrobe que na altura levaba oito meses sen convocar un pleno. As fotos de Rajoy cunha bandeira de AP na man, debruzado na fiestra dun autobús cargado de manifestantes e a beira do cartáz “Resiste Alfredo, estamos contigo” precipitaron de feito o voto de Fraga para elevar a Barreiro á vice-presidencia da Xunta. Fraga contaba coas bufandas eleitorais de Terito, José Ramón Barral ‘Nené’, luis Falcón ‘Falconetti’ e José M. Prado Bugallo ‘Sito Miñanco’, mais o afervoamento de Mariano ameazaba con comprometer tan beneficiosa alianza.

O candidato que un día se declarara racista é agora excepcionalmente reservado para as súas preferencias literarias. Confesándose leitor impenitente, só recoñece afición por Emilio Salgari e Julio Verne o que parece algo repetitivo para unha dilatada vida pública. Na súa auto-biografía eleitoral «En Confianza», editada de a pouco polo propietario do xornal La Razón, José Manuel Lara, defínese como devorador de ensaio e historia pero a hora de citar titulares só se decide polo diario “Marca”.

Porén, varias declaracións de Rajoy moi posteriores aos seu racismo confeso vestido de sociobioloxia, volven ao rego. Jose Cuiña morreu sen saber de onde tirara o hoxe presidente do PP aquela división do mundo, e mesmo do seu partido, en “birretes” e “boinas”. Os militantes que o aclamaban ao son de “presidente, presidente!” no Monte do Gozo (setembro de 2003) tamen ignoraban cal era a orixe ideolóxica daquil «Soy mejor, modestia aparte, que el lider de la oposición». Igual podería dicerse do seu exabrupto de 2007: «para ser presidente del Gobierno, deberían exigir algo más que ser mayor de 18 años y ser español».

Tería se cadra unha aparición fuxidía de Fernandez de la Mora ao prohibir como ministro do Interior e vice-presidente do governo Aznar a entrada de albaneis e asistentas inmigrantes?

Concordia é a palabra máis repetida por Rajoy no seu livro de bons propósitos. Será esta concordia só para os ADN de crianza? Lembremos ao ministro de Aznar asinando en Bruxelas unha diretiva sobre inmigración que permite reter sen xuizo até18 meses a inocentes indocumentados.

Posted in Artigos | Leave a comment

A princesa e o Chourizo

Veñen aparecendo ultimamente nos xornais bastantes informacións  relacionadas coas actividades empresarias, polo que parece ilegais e delictivas, de Iñaki Urdangarin, xenro de Xoán Carlos Borbón  e marido da súa filla Cristina. E digo ilegais e delictivas, porque  a fiscalía anticorrupcion de Baleares decidiu tomar cartas no asunto e comezou a facer rexistros e preguntas incomodas en relación ás actividades do ex-xogador de balonmán.  Mentres Urdangarin segue en Nova Yorke cobrando de Telefónica. Porén, o que agora aparece difundido nos media non é nada novo e ven de antigo. O que máis chama a miña atención, sen embargo, é a cobertura que os media dominantes esta dándolle ao asunto.  Que as paxinas de información dixital «vermellas» ou de «contrainformación» ( tipo Rebelión, Kaosenlared, Insurgente…..) espallen estas noticias, parece caseque necesario e «normal». E non é esta unha información difundida  nunha esquina da paxina par dun xornal de provincias, senón que as grandes rotativas e canais radiofónicos están facendo un seguimento diario  e preciso do escándalo. E certamente, que os grande media  abran as comportas para anunciar a bombo e platillo as corruptelas e negocios suxos dos máis cercanos ao Trono non semella nada frecuente.  A non ser, claro esta, que teñan luz verde da Casa Real para facelo. E porque a Casa Real decide agora romper a censura informativa que durante caseque catro décadas serviulles  de manto protector contra as miradas dos curiosos.? Primeiro, porque o tema xa non se podía ocultar por máis tempo, sobre todo, co que esta caendo agora coa crise. Segundo, porque, ao meu ver, é moi probable que a separación civil e relixiosa do chourizo e a princesa sexa cousa de pouco tempo. E terceiro, porque unha vez producida a separación, será moi ben aproveitada pola Coroa para presentala como un exercicio de honestidade e honradez por parte de infanta Cristina: «mira que honrada, rompeu co seu marido para non vivir cun ladrón», será a frase final do capitulo  dun episodio rosa. Pero esa frase final tamén terá, seguramente, a súa versión alternativa: »os que  dormen no mesmo colchón sonche da mesma condición».

Celso X. López Pazos.

Presidente da Asemblea Republicana de Vigo

 

Posted in Artigos | Leave a comment

Vigo é Traballo

Posted in Artigos | Leave a comment