Estatutos

ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO (AMIGO/AS DA REPÚBLICA)

ESTATUTOS

CAPITULO I

Da Asociación en xeral

Artigo 1.- Coa denominación de ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO (“Amigos/as da República”) constitúese unha entidade de carácter social e cultural ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Artigo 2.- Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3.- O alicerce esencial desta asociación será o de potenciar, favorecer, inspirar e organizar calquera tipo de acto ou actividade que teña como fin a divulgación do ideario republicano, reivindicando en todo momento e de xeito público e diante de calquera foro, o seu obxectivo fundamental que é o da proclamación da III República coma canle de unión co republicanismo histórico encarnado na lexitimidade saída da república de Abril. A nosa Asociación manifestase como tal publicamente na defensa dos principios da solidariedade entre os pobos e do seu dereito á autodeterminación, do laicismo, do pacifismo, do igualitarismo social e económico, da loita contra toda caste de sexismo e toda forma de marxinación económica, social e cultural, rexeitando e condenando a xenofobia e o racismo e calquera forma de agresión militar, económica ou cultural contra minorías étnicas ou nacionais.

Artigo 4.- A Asociación emprega a lingua galega como vehículo de comunicación nas súas manifestacións públicas.

Artigo 5.- Para o cumprimento dos seus fins poderá realizar as seguintes actividades:

1.- Dinamizar espacios de encontro.

2.- Organizar e celebrar actividades sociais, culturais, artísticas e, mesmo, de carácter idiolóxico-político que teñan como obxectivo acrecentar, espallar e difundir o sentir e a conciencia republicana .

3.- Organizar conferencias, debates, cursiños, traballos, seminarios …. Encamiñados ao cumprimento dos fins e obxectivos da Asociación.

4.- Elaborar e editar materiais formativos, revistas, folletos e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da Asociación.

 

Artigo 6.- O domicilio social da Asociación radicará na localidade de Vigo, provincia de Pontevedra, na rúa Canceleiro 16, 3ºB (C.P.: 36201). Podaranse utilizar outros locais asociativos adicionais na mesma ou noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva.

Artigo 7.- O ámbito territorial da Asociación é o da Comunidade Autónoma de Galicia, declarando a súa vontade de participación como tal, ou ben como invitada ou como colaboradora, en todas aquelas actividades que con fins análogos aos que se determinan nos seus estatutos, se celebrasen noutros lugares.

CAPITULO II

Dos socios

Artigo 8.- Poderán ser integrantes da Asociación todas as persoas físicas, con capacidade de obrar, que reúnan os seguintes requisitos:

1.- Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación e que acepten os estatutos.

2.- Aquelas persoas que a xuízo da Xunta Directiva se fagan acredoras de tal distinción por contribuír de xeito notable á dignificación, desenvolvemento e espallamento dos fins da Asociación, tendo en dito suposto a denominación de Soci@s Honorari@s.

 

Artigo 9.- Tipos de soci@s

1.- Soci@a numerari@s, entendendo por tales aos que acepten os estatutos e estean ao corrente do pago das cotas.

2.- Soci@ Xoven, entendendo por tales a tod@s aqueles teñan cumpridos os 15 anos e sexan menores de 25 anos, acepten os estatutos e estean ao corrente das cotas. Para poder formar parte da Asociación os menores de idade precisarán a autorización, documentalmente autorizada, das persoas que ostenten a súa representación legal. A cota destes soci@s será a terceira parte da cota dos socios numerarios

3.- Soci@a honorari@s, entendendo por tales @s sinalad@s no art. 8.2

Artigo 10.- Dereitos d@s soci@s numerari@s e xoven:

1.- Participar nas Asembleas que se convocen con voz e voto.

2.- Poder elixir e ser elexid@ para desempeñar cargos directivos. Non poderán facer uso deste dereito os socios xovenes menores de idade

3.- Suxerir actividades e participar en todas aquelas que se leven a cabo en cumprimento dos fins da Asociación .

4.- Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación e acadar información sobre o estado das contas da mesma.

5. Beneficiarse das actividades da Asociación polo que atinxe á posibilidade de optar gratuitamente – no caso de existir tal posibilidade- á entradas para as actividades que organice a Asociación, quedando facultada a Xunta Directiva para que proceda da forma máis equitativa posible ao reparto das mesmas entre os membros da Asociación

Artigo 11.- Obrigas dos soci@s numerari@s e xoven:

1.- Satisfacer as cotas ordinarias e extraordinarias que se establezan

2.- Desempeñar os cargos para @s que foron elexid@s.

3.- Prestar cantos servicios determinen os estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.

4.-Cumprir os acordos das Asembleas Xerais , e o contido nos Estatutos.

5.- Aqueles outras que se recollan na lexislación vixente.

Artigo 12.- Dereitos e obrigas d@s soci@s honorari@s

1.- Terán os mesmos dereitos que @s numerari@s, agás o de poder ser elexid@s para os cargos directivos e de ter voto nas Asembleas.

2.- Terán as mesmas obrigas que @s numerari@s, agás o que atinxe ao pago das cotas que terá carácter opcional.

 

Artigo 13.- Os acordos de admisión dun asociad@ serán tomados pola Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa física ou xurídica que desexe ser admitid@ na Asociación.

 

Artigo 14.- A condición de asocid@ pérdese:

1.- Por renuncia voluntaria comunicada á Xunta Directiva.

2.- Por impago da cota.

3.- Por expediente disciplinario por levar a cabo actividades difamatorias contra da Asociación ou incumprimento dos estatutos.

Artigo 15.- A expulsión dun asociad@ será acordada pola Xunta Directiva, trala audiencia á persoa interesada. En calquera caso, o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea xeral extraordinaria por maioría simple, podéndose recorrer contra a súa resolución á xurisdicción ordinaria.

CAPITULO III

Dos órganos da Asociación

Artigo 16.- O goberno e representación da Asociación correspóndelle:

1.- Á Asemblea Xeral –que poderá ser ordinaria ou extraordinaria- que é o máximo órgano de goberno.

2.- Á Xunta Directiva, órgano colexiado no que a Asemblea delega, de xeito permanente, o goberno da Asociación.

Artigo 17.- A Asemblea Xeral de asociad@s é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por todos os seus integrantes ao corrente de pago das cotas. O/A presidente e @ secretari@ serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

Artigo 18.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, alomenos, dúas veces ao ano, debendo unha delas ser convocada preferentemente na segunda quincena de abril. A Asemblea Xeral extraordinaria convocarase cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten o 20% dos asociad@s ao corrente do pago das cotas Neste último caso haberá que presentar un escrito dirixido ao Presidente, coas sinaturas dos e das solicitantes e no que se expona o motivo da convocatoria e a orde do día

Artigo 19.- Unha das Asemblea Xeral Ordinaria convocarase preferentemente na segunda quincena do mes de abril. Tanto as Asembleas Ordinarias como Extraordinarias serán convocadas con un mínimo de 15 días de antelación pola Presidencia da Asociación e deberá ser notificada por escrito no domicilio d@s asociad@s. Na convocatoria deberá de aparecer lugar, data e hora, así como a orde do día. Tamén haberá que sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda poida mediar un prazo inferior a 30 minutos.

Artigo 20.- Para que as Asembleas poidan tomar acordos, deberan estar integradas pol@s asociad@s asistentes, sempre que concorran a metade máis un do total dos mesmos na primeira convocatoria ou calquera que sexa o número d@s asistentes na segunda convocatoria.

Artigo 21.- Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes cando os votos afirmativos superen os negativos, non sendo computables os votos en branco nin as abstencións. As votacións serán a man alzada cando exista unánime acordo entre os asistentes ás asembleas.

Artigo 22.- Son competencias da Asemblea Xeral Ordinaria

1.- Aprobar o plan de actividades proposto pola Xunta Directiva

2.- Examinar e aprobar a memoria de actividades.

3.- Examinar e aprobar as contas de balances do exercicio anterior.

4.- Aprobar o orzamento proposto pola Xunta Directiva.

5.- Aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asociación.

6.- Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.

7.- As demais que resulten dos estatutos e non estean conferidas á Asemblea Xeral ou á Xunta Directiva.

Artigo 23.- Son competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria

1.- Modificar os estatutos da Asociación.

2.- Disolver a Asociación e nomear os liquidadores.

3.- Aprobar a federación con outras asociacións que teñan fins análogos.

4.- Autorizar o alleamento gravame ou hipoteca dos bens sociais.

5.- Elixir os integrantes da Xunta Directiva.

Artigo 24.-Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tod@s os asociad@s, mesmo, aos non asistentes.

Artigo 25.- Poderase recorrer contra os acordos que vaian en contra destes estatutos ou inflixan os fins e obxectivos desta Asociación en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución deste recurso, que deberá constar por escrito a Xunta Directiva, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 26.- A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta alomenos por: presidente/a, vicepresidente/a, secretari@, tesoureir@ e, de ser o caso, por vocais nun número non superior a tres. Todas as persoas que compoñan a Xunta Directiva deberán ser asociad@s, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

Artigo 27.- Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen perxuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados no uso das atribucións que lles corresponda a cada un dos seus membros

Artigo 28.- Os cargos dos integrantes da Xunta Directiva deberán ser designados ou revocados pola Asemblea Xeral Ordinaria tendo o seu mandato unha duración de dous anos e podendo ser reelixidos, agás o cargo de Presidente/a que só poderá desempeñarse ata un máximo de cinco veces. Unha vez transcorrido o tempo dun mandato, poderá optar a calquera dos cargos recollidos nestes estatutos.

Artigo 29.- Os cargos da Xunta Directiva cesarán nas súas funcións:

1.- Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.

2.- Por expiración do mandato.

3.- Por incumprimento das obrigas que tiña encomendadas.

Nos casos 1 e 2 continuarán nos seus cargos ata o momento que se produza a aceptación de quen sexa proposto pola mesma Xunta Directiva para sustituir ao cargo cesante.

Artigo 30.- No caso de que renuncien voluntaria e simultaneamente a metade máis un dos cargos directivos, contando vocais, se os houbese, deberá de convocarse novas eleccións no prazo máximo de 15 días hábiles dende o momento en que tales renuncias se fagan efectivas por escrito diante da Xunta Directiva.

Artigo 31.- A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez o mes e ao redor do día 14 e, con carácter extraordinario, cantas veces o determine a Presidencia ou por petición alomenos de dous dos seus membros.

Artigo 32.- Realizada a convocatoria, a Xunta Directiva quedará constituída pola asistencia da metade dos seus membros e para que seus acordos sexan válidos deberan ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, decidirá o voto de calidade d@ Presidente/a.

Artigo 33.- Son facultades da Xunta Directiva:

1.- Organizar e dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación

2.- Informar a os soci@s sobre as distintas actividades ou proxectos que se leven a cabo na Asociación.

3.- Convocar as Asembleas Xerais.

4..- Executar os acordos das Asembleas Xerais.

5.- Resolver a admisión de novos asociad@s.

6.- Formular e someter a aprobación da Asemblea Xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas dos exercicios pechados.

7.- Nomear delegados para determinadas actividades da Asociación.

8.- Interpretar os estatutos e o Regulamento de Réxime Interno e velar polo seu cumprimento.

9.- Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asemblea Xeral.

Artigo 34.- As facultades da Xunta Directiva entenderanse, con carácter xeral, a todos los actos propios das finalidades e obxectivos da Asociación, sempre que non requiran, segundo estes estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

Artigo 35.- Atribucións dos membros da Xunta Directiva

1.- Presidente/a:

a.- Presidir e dar por rematadas as sesións que celebra a X.D. e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade en caso de empate.

b.- Representar a Asociación perante calquera organismo público ou privado.

c.- Ordenar pagamentos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia.

d- adoptar calquera medida urxente que a a boa marcha da Asociación aconselle ou resulte necesaria no desenvolvemento das súas funcións, sen perxuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

2.- Vicepresidente/a

a.- Sustituir e asistir ao Presidente/a, no caso de que este/a o solicitase.

3.- Secretario

a.- Notificar as convocatorias das Asembleas, tomar acta por escrito dos acordos das mesmas e das xuntanzas da Xunta Directiva e custodiar as actas e documentos da Asociación.

b.– Recibir e tramitar as solicitudes de ingreso e levar o rexistro de asociados.

c.– Dirixir os traballos administrativos da entidade.

4.- Tesoureir@

a.- Exercer a dirección dos traballos de xestión económica da Asociación.

b.– Custodiar e levar os libros de contabilidade e os investimentos

c.– Preparar os orzamentos e as contas anuais perante a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral e dar cumprimento as ordes de pagamento que expida @ Presidente/a.

5.- Vocais

a.- Desempeñan os traballos que lle encomende a Xunta Directiva

 

CAPITULO IV

Réxime Económico

Artigo 36.- A Asociación como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderá distribuír os recursos obtidos entre @s asociad@s, senón que, deberán destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos seus fins.

Artigo 37.- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar durante a segunda quincena do mes de abril de cada ano.

Artigo 38.- Constitúen bens da Asociación todos os bens moves e inmóbiles que esta teña no seu poder procedente do legal exercicio dos seus fins.

Artigo 39.- Os recursos económicos dos que dispón a Asociación son:

1.- As cotas periódicas dos asociad@s.

2.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e que sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.

3.– Os ingresos que se poidan percibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.

4.– Os donativos procedentes de persoas individuais.

Artigo 40.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación os teña depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que correspondan ao presidente/a e ao tesoureir@, para o seu emprego conxunto.

Artigo 41.-.O orzamento anual da Asociación será fixado, de acordo co artigo 22, pola Asemblea Xeral Ordinaria a proposta da Xunta Directiva previo informe do Tesoureiro. En todo caso o orzamento non poderá ser inferior a os 600€ anuais.

CAPITULO V

Do Regulamento de Réxime Interno

Artigo 42.- O regulamento de réxime interno, de ser o caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presente estatutos, e non poderán ir, en ningún caso, en contra do estipulado neles.

CAPITULO VI

Modificación de estatutos e disolución da Asociación

Artigo 43.- A modificación dos estatutos corresponde á Asemblea Xeral que será convocada con carácter extraordinario e a este efecto.

Artigo 44.- Os presentes estatutos poderán ser modificados por proposta da Xunta Directiva ou a instancia dun cuarto dos socios con dereito a voto que deberán formular a súa proposta en escrito dirixido ao presidente/a.

Artigo 45.- A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera asociad@ poda dirixirlle por escrito ao secretari@ as propostas ou emendas que considere oportunas. Estas complementarán a documentación da citada asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á súa realización.

Artigo 46.- Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable de dos tercios dos soci@s con dereito a voto en primeira convocatoria e dos tercios d@s asistentes en segunda convocatoria.

Artigo 47.- A Asociación disolverase polas causas seguintes:

1.- Polo acordo favorable de dos tercios d@s soci@s en primeira convocatoria e dous tercios d@s asistentes en segunda convocatoria.

2.- Por outras causas determinadas legalmente.

3.- Por sentencia xudicial.

Artigo 48.- Acordada a disolución a Asemblea Xeral extraordinaria nomeará a tres soci@s liquidadores que, xunto co presidente/a e @ tesoureir@, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas e fixando o haber líquido resultante que, unha vez efectuada a liquidación, doaráselle a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma e que teña os mesmos ou similares fins. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscrición da disolución da Asociación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.

En todo canto non estea previsto nos presentes estatutos, aplicarase a vixente Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as disposicións complementarias.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.

No suposto de existir algunha controversia que requira a intervención dos tribunais de xustiza, estarase á xurisdicción e competencia dos Tribunais de Vigo.

 

DILIXENCIA:

 

En cumprimento do artigo 10, apartado b) do Real Decreto 1497/2003, faise constar que os presentes estatutos quedan redactados coa inclusión das modificacións de la Asemblea Xeneral Extraordinaria celebrada el 9 de febreiro de 2008, de acordo co procedemento establecido en seus estatutos e na mesma data da referida Asemblea Xeneral Extraordinaria.