Asóciate!

Para asociarte a Asemblea Republicana de Vigo, só tes que descargar a seguinte folla de inscripción e enchela:

> Formulario de ingreso <

Para iso, tes dúas opcións:

  • O máis sinxelo é que imprimas o documento, escribas os teus datos, selecciones axeitadamente a cuota en función da túa idade (ou se o desexas, podes indicar outra cantidade marcando Aportación Voluntaria), e asines coa data e lugar. Tras isto, escanea o documento e envíanolo a contacto@asemblearepublicana.org
  • Outra opción máis rápida se tes a túa firma escaneada ou podes sacarlle unha foto, e o programa que usas para ler PDFs o permite (o Adobe Acrobat Reader, por exemplo), é cubri-lo documento dende o ordenador, móbil ou tableta directamente . Saberás que podes facer isto, porque o abri-lo documento verás uns recadros onde podes escribir. Despois de facelo, podes gardar o documento xa cuberto, e enviárnolo a contacto@asemblearepublicana.org

Unha vez recibamos o formulario debidamente cumprimentado, porémonos en contacto contigo para finalizar o proceso.