14 Abril

Valla República copiaO 14 DE  ABRIL!!

POLA REPUBLICA!!

Cando todos os 14 de abril os republicanos e republicanas xuntamos para manifestarnos a prol da República polas rúas de Vigo sabemos moi ben polo que o facemos.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para dicir que non existe autentica democracia  nun estado monárquico

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque creemos que so a forma republicana do exercicio do poder fai exclusivamente soberano ao pobo.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so a forma de estado republicana  pode garantir a existencia dun  estado laico e a separación real da Igrexa e o Estado.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so unha forma de estado republicana pode garantir a igualdade absoluta de xénero e a non discriminación por sexos.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS porque so dende unha República se pode loitar contra o militarismo e as guerras de agresión imperialista.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para loitar, dende a República, contra os poderes económicos  transnacionais que rouban e secuestran a soberanía dos pobos e explotan aos traballadores e traballadoras.

XUNTAMONOS E MANIFESTAMONOS para que, tal como garantizaba o artigo 25 da constitución republicana de 1931, o estado non recoñeza “distincións nin títulos nobiliarios”.

XUNTAMONOS E MANIFESTÉMONOS porque so dende a República podese loitar eficazmente contra a corrupción política e a do Capital

XUNTAMONOS E MANIFESTÉMONOS porque sabemos que non se pode dar resposta  ás aspiracións das nacións sen estado dentro do actual marco constitucional  monárquico.

 

ABAIXO A MONARQUÍA!!

VIVA A REPÚBLICA!!

 

VEN CONOSCO A MANIFESTARTE O 14 DE ABRIL DENDE  A FAROLA DE URZAIZ  ÁS 21 HORAS.

 

ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO

VIGO ABRIL DE 2016

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *