A República como resposta moral

 Non teñen perdón de Deus. Cando, tras unha das súas múltiples fuxidas (de perneira) o sucesor de Franco a título de Rei volveu en padiola, o seu fiel edecán de entón, Sabino Fernández, espetoulle: “Maxestade un rei só debe volver en padiola da guerra”. Pero aí o temos: tanto mata osos previamente emborrachados en Rusia como se monta unhas vacacións clínicas con dama en calquera recuncho apracible de Europa ou se vai a África a matar elefantes. Que morboso pracer pode sentir un ser humano ao abater a un animal tan fermoso?

A República xa non é unha necesidade reparadora da democracia, é unha necesidade moral. Hai que varrer da nosa historia a esta indesexable familia, con aquela frase do propio xeral Prim: “Os borbóns nunca máis”.

Fernando Ramos
(Doctor en Ciencias da Información e Profesor Titular de Dereito da Información na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidad de Vigo)

Pode que che interese:

Deixa un comentario