15 Out. Re-EvoluciónMundial

UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL

O 15 de outubro tod@s @s cidadáns do mundo sairán á rúa, mulleres e homes iguais á nos, con problemas similares e soños parecidos.

O 15 de outubro debemos axitar a nosa mente, debemos erguer e unir as nosas voces a outras para que non sexan unha vez máis silenciadas.

Non queremos vivir baixo un sistema onde os intereses dunha minoría eleitista primen sobre os do resto da humanidade, onde os gobernos democráticos, que deberían defender e representar os intereses de tod@s, teiman en perpetuar un modelo onde o único beneficio, o único valor, é o enriquecemento e a acumulación material.

Pensemos n@s que nos preceden e reflexionemos libremente se estamos dispostos a perder a herdanza que nos deixaron- Pensemos n@s que nos sucederán e reflexionemos no legado social que imos deixarlle a os nos@s fill@s.

Non somos mercadoría en mans da clase política nin da banca!. Saiamos á rúa!

Esta entrada foi publicada en Artigos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *