LIBIA, UNHA OLLADA A CONTRACORRENTE

LIBIA, UNHA OLLADA A CONTRACORRENTE

Celso X. López-Pazos *

Se a xente soubese a verdade a guerra remataría agora; pero a xente non sabe nin debe saber” (Lloyd George , Premier Británico durante a Gran Guerra 1914-1918)

1.-Sabemos que o Gadafi de agora no é o mesmo que en 1969 expulsaba as bases estranxeiras do chan Libio, nacionalizaba os hidrocarburos e dominaba a metade da produción de cru. Sabemos que o Gadafi de agora non é o mesmo que en 1977 proclamaba a República Popular Socialista Árabe da Jamahiriya e afirmaba no Libro Verde que “a democracia é o poder do pobo e non o poder dun substituto do pobo”. Sabemos que o Gadafi de agora non é xa un referente do panarabismo nacionalista, anticolonial e antiimperialista como o fora en décadas pasadas. O Gadafi de agora é (era?) máis ben “un dos nosos”, alguén ao que os democráticos gobernos europeos – os mesmos que agora o califican de tirano, sátrapa, ditador ou tolo- non tiñan reparo en recibilo e agasallalo moi cortesmente para agradecerlle a apertura do seu petróleo ás multinacionais do vello continente e a súa política de freo á inmigración de milleiros de subsaharianos

2.- Sabemos que en Libia non hai fame, que a expectativa de vida é de 74 anos, que a mortalidade infantil é do 18xl.000, que o analfabetismo é inferior ao 5.5% nos homes e ao 23% nas mulleres(moi baixa a respecto doutros países árabes)e que a taxa global de fecundidade é de 2.7, signo claro do avance da muller que non ten límites para acceder á universidade nin ao mercado de traballo.Sabemos que Libia gasta en educación o 2,7% do PIB, mentres que en defensa non pasa do 1,1%.Sabemos que en Libia rexístrase o maior PIB per cápita (14.534$) e o mellor Índice de Desenvolvemento Humano de toda África (“O estado do mundo 2011”. Edicións Akal), aspecto este que sementa dúbidas sobre o grao de descontento social da poboación. E tamén sabemos que Libia é o primeiro produtor de cru de África, que o custe de produción por barril non chega ao dólar (situación pola que debecen as petroleiras estadounidenses, marxinadas nun mercado dominado por Europa,China e Rusia) e que a posición de Tripoli é a dun actor importante no seo da OPEP(controlar Libia é enfeblecer a OPEP -tamén a Venezuela- e afortalar a posición dos USA e Europa no mercado de hidrocarburos)

3.- Sabemos que en Libia houbo -antes de que os misiles das democracias comezasen a matar civís- enfrontamentos armados entre as tropas leais ao goberno e uns rebeldes armados dos que, por certo, aínda hoxe, descoñecemos quen son, a quen representan, como se chaman os seus lideres, nin, por suposto, que queren e cal é o seu programa de reformas. Pero isto non importaba. Francia e Gran Bretaña prestáronse axiña a recoñecelos como interlocutores.

4.- Supoñemos- por que así no lo decían os medios de comunicación e os despachos de axencias- que desde o quince de febreiro as tropas do goberno libio disparaban contra os manifestantes xoves que representaban a rebelión, que se masacraba á poboación civil desde avións, cazas e helicópteros, que se disparaba, mesmo, contra ambulancias e enterros e que alí onde se concentraban civís o exército perpetraba enormes matanzas. Tamén supoñemos, grazas a novas suministradas por esos mesmos medios, que había “celas de tortura baixo o pazo de Gadafi en Bengasi”(El Pais 1 de marzo de 2011) que”os libios podían utilizar armas químicas”(El Mundo 11 marzo 2011) e que “as forzas rebeldes aseguran que o réxime controla só o 15 % do país “(El País 21 de febreiro), sorprendente rebelación a esa altura do conflito que faría inexplicábel a guerra argallada agora pola chamada “comunidade internacional”.

5.- Porén, existen dúbidas cada vez máis fundadas sobre se esas tan terribeis matanzas da poboación civil tiveron lugar ou non. Unha análise das novas de prensa publicadas durante os quince primeiros días dos combates (xustos os que serviron para propagar a consigna das masacres) amosaría nidiamente as sospeitas sobre a realidade dos bombardeos. Titulares como“A represión da protesta en Libia cobrase 200 mortos“, “O exército mata a máis de 200 persoas ao reprimir unha protesta ante Gadafi”, ”EEUU denuncia un baño de sangue de Gadafi con centos de libios mortos”, “Gadafi ametralla aos manifestantes desde avións militares, Gadafi lanza ao exército contra o pobo”, ou “Libia afundese nun caos xenocida”, careceron do apoio gráfico necesario para facelas reais e cribles, máis alá de infantís fotografías que amosaban a rebeldes sentados en cadeiras xiratorias disparando a un ceo onde os cazas libios non aparecían por ningures. A diferencia das revoltas exipcias onde as xentes invadían a cachón as prazas de El Cairo, en Libia as fotos das multitudes brillaron pola súa ausencia; mesmo os teléfonos móbiles, que tan eficaces foran noutras ocasións (Irán) non acadaron aquí protagonismo ningún. E mentres os satélites xeoestacionarios poden fotografar a matrícula do meu coche a 22.000 metros de altura, un titular de El Pais do 20 de febreiro non tiña ningún reparo en afirmar sen pudor que “Gadafi pecha Libia ao mundo cun muro de silencio”. Mentres, nin as camaras de Telesur, desprazadas sobre o terreo, nin as fotos tomadas por satélites do exército ruso serían quen de atopar a máis minima pegada dos bombardeos contra a poboación civil (http://rt.com/news/airstrikes-libya-russian-military/ e http://www.cronicasdeestemundo.com.ar/?p=491)

6.-E non é esta unha cuestión irrelevante, xa que foron as presuntas matanzas de civís as que serviron para xustificar tanto a pertinencia e necesidade da actual guerra por “motivos humanitarios” como a construción dos mecanismos emocionais necesarios para facer que persoas honradas e pacíficas non tivesen reparos en aplaudir sen dubidar esta sinfonía inconclusa de morte, horror e devastación.

 

* Presidente da Asemblea Republicana de Vigo

 

Pode que che interese:

1 comentario en “LIBIA, UNHA OLLADA A CONTRACORRENTE”

  1. Del blog de Carlos Tena(recomendado):https://tenacarlos.wordpress.com/
    RUSIA ABANDONA DEFINITIVAMENTE A LIBIA:

    MEDYEDEV ESCUCHANDO LAS RECOMPENSAS QUE LE VAN A CAER
    El conflicto en Libia es aún un acontecimiento político importante, pero la decisión de Rusia, tomada ayer, de abandonar a su suerte a Muammar El Gadafi exigiéndole que abandone en poder de inmediato, entra en una nueva fase.

    Nada más pronunciarse la medida, el bombardeo aéreo de la OTAN se intensificó con la entrada en servicio de nuevos modelos de helicópteros de ataque, que se lanzaron sobre los objetivos donde dicen se refugia el coronel.

    Al gobierno de Trípoli no le ha cogido por sorpresa, respondiendo que seguirán combatiendo y resistiendo las embestidas aliadas, aunque los apoyos al mandatario libio dentro del ejército han descendido notablemente en los últimos dias.

    Un portavoz del ejecutivo anunció que la nación africana está dispuesta a los máximos sacrificios, rechazando las decisionas adoptadas en la cumbre del G-8, en la que los gobiernos que forman el grupo se mostraron dispuestos a acabar con Gadafi de la misma forma que George W. Bush hizo con Sadam Hussein en Irak.

    Informando falsamente, la Organización Terrorista del Atlántico Norte ha acusado al ejército libio de haber convertido los alrededores de la ciudad de Misrata en un “campo minado”, cuyo objetivo sería evitar que la población pudiera escapar de la localidad, así como impedir la entrada de los llamados “rebeldes”, entre los que hay militantes de Al Qaeda, mercenarios franceses, argelinos, nortamericanos y egipcios.
    Según fuentes de la Cruz y la Media Luna Roja, los aviones aliados continuan lanzando bombas racimo, químicas e incendiarias (prohibidas por la ONU) no sólo en Trípoli, sino en pequeñas localides situadas en un círculo de 200 kilómetros alrededor de la capital, causando decenas de víctimas civiles.

    El silencio y la desinformación en torno a la suerte y destino actual del presidente Gadafi, son la tónica habitual de los medios occidentales, que ignoran el lugar exacto o aproximado donde se hubiera refugiado.

    “Libia no quiere a Gadafi” dijo el presidento ruso Medvedev, que hace unos días condenaba los bombardeos sobre Trípoli. Hasta ayer, Rusia se había negado a apoyar las acciones militares de EEUU a través de la OTAN.

    El giro de 180 grados en la política rusa respecto del conflicto ha sorprendido a los propios ciudadanos rusos, que consideran que esta nueva actitud obedece a las contrapartidas económicas que se habrían prometido al gobierno de Putin.
    Gadafi, hoy más que nunca, ha sido abandonado a su suerte.

    Responder

Deixa un comentario